volver a la portada volver a la portada
 
ir a INSCRIPCIONESFORMULARIO DE CONTACTO
  nosotros
metodología
inscripciones
legal y condiciones
acreditaciones
  GA
EN
FR
 
Cursos Estandar | Cursos Especiales | Programas Especiales | Taller & Actividades | Taller De Teatro | Estudiar En Coruña | Galicia
la fuente de los surfistas, en la playa del orzán

ciudad y entorno
vida cultural
nivel de vida
alojamientos
llegar y moverse
fiestas
ventajas
historia y leyenda
  usted se encuentra en: INICIO >> estudiar en Coruña
 
En esta secció puede visitar también estos otros documentos:

Fundación Luis Seoane

A Fundación Luis Seoane foi creada en 1996 coa firma dun protocolo entre o Concello da Coruña e a viúva de Luis Seoane, María B. Bermúdez López, no que ela cedía á Fundación un legado excepcional, composto por máis de douscentos óleos, a totalidade da obra gráfica, unha importante obra sobre papel, libros, documentos, obxectos persoais...

Para tornaren a Fundación Luis Seoane, non só no importante museo monográfico que está chamado a seren, senón tamén nun singular centro de arte contemporánea que xire ó redor da súa fonda e aberta personalidade, está proxectada para un prazo inmediato a creación dunha exposición permanente e pública das obras de Luis Seoane, coas súas seccións documentais (Arquivo e Biblioteca), alén da creación de mecanismos necesarios para a súa dinamización cultural: por unha banda estudiando, dignificando e difundindo a obra e maila figura do artista, e por outra atraendo cara á Fundación as manifestacións máis interesantes da arte actual.

Loitador nos anos da República, fuxido no 1936, organizador e impulsor da vida cultural no exilio, viaxeiro polo mundo e atento ós múltiples discursos que ía xerando a súa época, Seoane foi testemuña de excepción dese século XX, axitado e convulso, que soubo facer de seu coma ninguén en Galicia.

A súa abraiante diversificación ou as súas importantes iniciativas fan del un dos máis sobranceiros exemplos de conduta que poidamos atopar na Galicia do XX.

ESCUELA PARALAIA  |  escuela de español  |  e-correo