Este curso está pensado para alguén que non dispoña de moito tempo e lle interese facer un curso intensivo dunha semana no que saque o maior proveito no menor tempo posíbel. Neste curso o estudante contará ca axuda exclusiva dun profesor que non só dará clases senón que tamén o acompañará nas comidas (catro xantares e unha cea) e nas actividades da tarde. Deste xeito segue a practicar fóra da aula mentres coñece a cidade e goza da rica gastronomía galega en bos restaurantes.
Se lle apetece facer este tipo de curso personalizado, póñase en contacto connosco e, segundo os seus intereses e as súas necesidades específicas, deseñaremos un programa docente e de actividades para o curso. Emporiso pregámoslle que cando decida facelo que nolo comunique o antes posíbel para poder proxectalo con tempo.
En total pasará unhas oito horas diarias de luns a venres co seu profesor entre clases, comidas e actividades da tarde. Conforme ós seus intereses deseñaremos un horario.
Despois poderá gozar da cidade ó seu aire ou, se lle apetece, participar nas actividades preparadas para outros cursos e coñecer a outros estudantes.
O derradeiro día terá unha cea de despedida co profesor.
Consulte a dispoñibilidade e condicións deste curso.