A Coruña é unha cidade que mira ó mar. Sita nunha península, as augas do Atlántico corren polas veas dos seus habitantes. Escenario de lendas e batallas heroicas, é un lugar no que a tradición e a modernidade van da man. As súas xentes son amábeis e están orgullosas da súa cidade na que o dito asegura que ninguén se sinte forasteiro.
A vida na Coruña é moi dinámica. Os coruñeses viven intensamente as opcións de lecer que se lle ofrecen. A cultura do paseo, do veren e deixárense ver, é un dos seus costumes más arraigados.
Co paseo marítimo máis longo de Europa é difícil non gozar do marabilloso espectáculo que ofrece o mar, sempre presente. A nosa escola está a só tres minutos da praia de Riazor.