Fogueiras de San Xoán: A noite do 23 de xuño as praias da Coruña tórnanse nun lugar máxico salpicado de lumeiradas e sardiñadas.
Festas de María Pita: Durante todo o mes de agosto A Coruña é unha festa ininterrompida.
Batalla Naval: En agosto recrease o asalto inglés.
Batalla das Flores: Un desfile de carrozas engalanadas con flores a finais de agosto.
Batalla de Elviña: Voltamos ó 16 de xaneiro do 1809.
Feira do Libro: As librarías máis importantes da cidade e de Galicia teñen o seu posto.
Feira de Artesanía: A artesanía galega é unha mestura entre o antigo e o innovador.
Feira Medieval: As rúas da cidade vella dan un salto no tempo e lévannos a un mercado da idade media, con artesáns fieis á historia.
Trofeo Teresa Herrera: A cita futbolística máis importante do verán.
Festas da Virxe do Rosario: As festas da patroa da cidade celébranse no mes de outubro.
Magostos: No corazón do outono chega a tradicional festa da castaña e o viño xoven.
Carnaval: Os coruñeses amosan a súa imaxinación nesta festa na que a xente sae ás rúas a luciren unha variedade inimaxinable de disfraces.