voltar ? inicio voltar ? inicio
 
INSCRICIONSseparadorFORMULARIO DE CONTACTO
  nós
metodoloxía
inscricións
aviso legal
acreditacións
  ES
EN
FR
 
Cursos Estandar | Cursos Especiais | Programas Especiais | Actividades & Outros | Obradoiro Teatro | Estudiar Na Coruña | Galicia
porto deportivo

cidade e entorno
vida cultural
nivel de vida
aloxamentos
chegar e moverse
festas
vantaxes e tarxetas
historias e lendas
  Vostede atópase en: INICIO >> estudar na Coruña
 
Nesta sección tamén poderá visitar estes outros documentos:


Historia de A Coruña



El Golfo Ártabro
Os brigantinos, integrantes das tribus celtas dos ártabros foron os primeiros habitantes destas terras, o Magnus Portus Artabrorum, dos xeógrafos clásicos.
“Os ártabros teñen moitas cidades situadas nun golfo que os navegantes chaman porto dos ártabros” Estrabón. Libro III da súa Xeografía

La Torre de Hércules
Son varias as lendas sobre a súa fundación pero é seguro que este faro xa estaba en funcionamento na época romana.

Alfonso IX
Crunia formou parte do señorío da mitra compostelá ata que Afonso IX lle concedeu en 1208 foros e privilexios.

Isabel la Católica
Unha visita dos Reis Católicos á cidade en 1486 deixa máis privilexios, un trato bastante excepcional tendo en conta a política represora que adoptaron os Reis Católicos co Reino de Galicia.

image
Imaxe 1: Casco de Leiro | Torre de Hércules | Alfonso IX | Isabel La Católica

En 1520 Carlos I celebra as Cortes na cidade antes de partir cara Alemaña para seren coroado.

FFelipe II 1554 embarcou rumbo a Inglaterra para contraeren matrimonio con María Tudor
En 1563 Felipe II traslada de Santiago a Coruña a Real Audiencia do Reino de Galicia.

De aquí partiu a Armada Invencible que máis tarde voltaría ó noso porto para se refuxiar, derrotada polas tempestades e polos navíos ingleses en 1588

En 1589 unha vez roto o poder naval de España unha escuadra inglesa ó mando do pirata Francis Drake asaltou a cidade. María Pita destacou na súa defensa heroica da cidade.

image
Imaxe 2: Carlos I | Felipe II | Armada Invencible | Drake | As Américas

En 1764 A Coruña comeza ó tráfico comercial con América.

En 1808 fúndase a Fábrica de Tabacos que da traballo a centos de operarios.

Guerra de la Independencia
En 1809, durante a Guerra da Independencia, a cidade foi ocupada polas tropas francesas ó mando do mariscal Soult. Sir John Moore ó frente do exército británico moreu trala batalla de Elviña. Os franceses abandonaron a cidade varios meses despois.

En 1815 o mariscal Díaz Porlier “El Marquesito” pronunciase en contra do absolutismo de Fernando VII e a favor de reinstauraren a Constitución de 1812, co apoio da burguesía e a intelectualidade coruñesa. Días despois foi traizoado e rematou sendo aforcado na Praza da Leña.

En 1860 fanse populares as galerías

En 1905 fundouse a Real Academia Galega que hogano segue a apoiar e investigar a nosa cultura e a nosa lingua.

image
Imaxe 3: Moore | Stout | Fernando VII | Galerías | Real Academia Galega

Nos anos vinte a cidade pasa por unha etapa de crecemento e expansión a tódolos niveis: demográfico, económico, industrial... Co desenrolo industrial xurdiron importantes organizacións anarco-sindicalistas que conseguiron avances sociais como a xornada das 8 horas.

A vangarda e o modernismo deixaron a súa pegada en moreas de edificios da cidade, en cafés, quioscos, tendas...

No 1931 gaña a República
A Coruña: o triunfo foi contundente dos candidatos republicanos, que obtiveron 34 concelleiros, por 3 dos monárquicos, mentres os liberais tiñan dous e os socialistas un.
Na manifestación celebrada en María Pita diante do concello, uns mozos guindaron o retrato de Afonso XIII dende a parte alta da torre central do edificio, que foi mollado con gasolina e ardeu ante o aplauso xeral. Foi substituído no salón de sesións por un cadro da matrona con gorro frixio que trouxeron do Casino Republicano. O primeiro alcalde republicano foi Antonio Lens Viera. (La Voz de Galicia)

O 28 de xuño de 1936 os galegos votan a favor do Estatuto de Autonomía de Galicia nun plebiscito no que o 74% do censo electoral apoiou a aprobación do Estatuto.

image
Imaxe 4: Coruña anos 20 | periódico | A República | cartel pro-estatuto | estatuto de Galicia

18 de xuño de 1936
O exército sublevase ó mando de Franco e estrala a Guerra Civil. Centos de republicanos son asasinados na zona da Coruña. Ós poucos días do comezo da guerra, os franquistas matan a Alexandre Bóveda, promotor do Estatuto de Autonomía. Tres anos despois acabaría o enfrontamento bélico deixando tras de si milleiros de mortos e exiliados, destrucción e pobreza.

image
Imaxe 5: Mitin pro-estatuto | cartel de Castelao | cartel republicano | cartel fascista

Moitos coruñeses contrarios ás ideas franquistas foron paseados, é dicir, fusilados.

Estes son datos do Rexistro civil da Coruña: Collamos un día calquera......

31 de agosto de 1936 (fusilados cerca da Torre de Hércules):
· Guzmán García, Manuel, 48 anos, deputado de Izquierda Republicana. F.
· Suárez Ferrín, Alfredo, 54, alcalde da Coruña, industrial, de Unión Republicana. F.
· Martín, Joaquín, avogado, profesor mercantil, secretario do concello coruñés, de UR, 58. F.
· Maseda, Ramón, 56, presidente da Agrupación Socialista da Coruña. F.
· Mazariegos, Francisco, 32, de UGT de Banca. ( A súa muller sería paseada tamén) F.
· Prego, Francisco, 44, funcionario municipal, secretario de Manuel Guzmán, de IR. F.

La dictadura franquista
1939-1975: A ditadura franquista reprime e tenta suprimir o diferencial da cultura galega, incluída a lingua. Os exiliados son o motor que fai que ámbalas dúas segan vivas nos anos máis duros da ditadura.

O pobo galego espállase polo mundo. A necesidade de emigrar medrou aínda máis nesta época. Moitos dos barcos rumbo a América saían do peirao coruñés.

1980 Cinco anos despois da morte do ditador, aprobase o Estatuto de Autonomía de Galicia. Na transición A Coruña é unha das cidades galegas máis dinámicas

image
Imaxe 6: Guerra Civil | Posguerra | campo de fusilamento | emigración

1992 O petroleiro Mar Egeo encalla na costa coruñesa e vense escenas dantescas.

image
Imagen 7: Petroleiro Mar egeo



ESCUELA PARALAIA  |  escola de español  |  e-correo