O noso obxectivo é facilitaren a aprendizaxe das nosas linguas seguindo as directrices do Marco de Referencia de Linguas Europeo.
Nas nosas clases combinamos o ensino dos distintos aspectos da lingua potenciando o desenrolo das destrezas lingüísticas a través dun método eminentemente comunicativo. Pero para desenrolar a competencia comunicativa hai que se fixar tamén noutros aspectos non estrictamente lingüísticos coma:
· O compoñente afectivo, é dicir, que o alumno se sinta cómodo e apoiado no proceso de aprendizaxe e adquisición da lingua.
· Axudar ó estudante a mellorar as súas estratexias de aprendizaxe.
· Potenciar a súa creatividade.
· Familiarizalo cos aspectos socioculturais.
En Paralaia a lingua e a cultura van da man. Nos nosos programas incluímos o ensino da cultura cotiá para facilitaren a integración do estudante. Amais un dos nosos principais obxectivos é amosar a nosa rica diversidade cultural.