
Katarsis está dirixida por Carolina Ramos e Kevin Stevart, ámbolos dous son actores e directores de teatro. Katarsis é unha escola que ofrece actividades educativas de carácter teatral, fomentando a renovación pedagóxica usando técnicas dramáticas a través do intercambio de ideas, necesidades e soños de profesionais da educación e artistas.
Carolina é especialista en aplicar técnicas de teatro para o ensino de linguas. Paralaia colabora con ela organizando obradoiros non só para profesores, estudantes e artistas senón tamén para empresas que deciden mellorar o seu ambiente de traballo.
http://www.katarsiseyt.com