voltar ? inicio voltar ? inicio
 
INSCRICIONSseparadorFORMULARIO DE CONTACTO
  nós
metodoloxía
inscricións
aviso legal
acreditacións
  ES
EN
FR
 
Cursos Estandar | Cursos Especiais | Programas Especiais | Actividades & Outros | Obradoiro Teatro | Estudiar Na Coruña | Galicia
nosotros

Escola Paralaia
     · Equipo Paralaia
     · Formulario de contacto
Colaboradores
     · Adagio Cantabile
     · Escola San Javier
     · Hesperia Balneario De Guitiriz
     · Katarsis
     · La Coruña Surfing School
LSSI e CE
     · Aviso legal
     · Políticas de privacidade
Acreditacións
Créditos
     · Propiedade intelectual
  vostede atópase en: INICIO >> nós, e información corporativa
 
Equipo Paralaia

O noso equipo está formado por profesores especialistas no eido do ensino de español e galego como lingua estranxeira. Temos xa moitos anos de experiencia traballando
nisto tanto en Galicia coma no estranxeiro. Levamos xa tempo espallando a nosa lingua e a nosa cultura en universidades de Estados Unidos, Hungría, Francia e Inglaterra.
no seu momento decidimos que era o intre para mudar de escena e ensinar a nosa lingua e a nosa riqueza cultural in situ.

Hai moitas razóns polas que alguén interesado en aprender galego ou español deberían apuntarse ós nosos cursos:

· Somos un equipo de profesores dinámicos e experimentados, licenciados en Filoloxía e con Másters de especialización no ensino de español e galego para estranxeiros.
· Ofrecemos un amplo abano de cursos para abranguer as necesidades específicas dos nosos estudantes.
· A flexibilidade é unha das nosas máximas. Se non atopas o curso que precisas ou as datas propostas non son boas para ti, consúltanolo e faremos o posíbel para axudarche.
· Tanto ten canto tempo leves estudando a nosa lingua no teu país. Un curso intensivo aquí activará tódolos teus coñecementos e terás oportunidade de practicar en situacións e contextos reais.
· Galicia en xeral, e A Coruña en particular, son o lugar perfecto para a aprendizaxe do galego ou do español. A diferenza doutras zonas de España aquí será moito máis doado practicares estas linguas ao non estaren masificado o sector das escolas de galego e español para estranxeiros. Aquí poderás compartir a clase cun máximo de 8/10 alumnos
· Amais na Coruña, como en Galicia, vivir ben e gozar das opcións de lecer non supón gastar moitos cartos. Non é tan caro vivir aquí coma noutras partes do país. A Coruña é unha cidade segura e tranquila.
· Ó ser unha escola pequena ofrecemos un trato familiar e personalizado. Para nós é moi importante que o estudante estea a gusto connosco. Faremos o posíbel para que os nosos alumnos o pasen ben e aproveiten a súa estadía na nosa escola. Tentaremos sempre que se sintan amparados pola tradicional hospitalidade galega.
· Vir a Galicia é unha experiencia que mudará a visión limitada que tradicionalmente se ten de España. Coñecer Galicia supón descubrir outra cultura, outras tradicións, outras festas. É unha terra chea de maxia que adoita engaiolar ós que a visitan.
· Terás a oportunidade de participar cos teus compañeiros en actividades para coñecer a cidade e outros lugares de interese en Galicia.
· Queremos ser o punto de encontro de diversas culturas propiciando o coñecemento, a interacción e o entendemento entre elas. É unha experiencia enriquecedora tanto para nós coma para vós



  preguntas frecuentes obradoiros, seminarios, e actividades resumo de datas
resumo de precios
ESCUELA PARALAIA  |  escola de español  |  e-correo