Estes talleres entre outros serán complemento dos cursos intensivos e estensivos, e empregarémolos adaptándoos a cada nivel: · Taller de fonética (practicamos aspectos da pronuncia en niveis iniciais) · Taller de prensa (traballamos con textos periodísticos e materiais audiovisuais) · Taller de literatura (traballamos con textos literarios contemporáneos) · Taller de teatro (os alumnos escriben unha mini peza de teatro que representan diante da clase) · Taller de cultura (analisamos aspectos socioculturais) · Taller de música (traballamos con cancións para a práctica das destrezas) · Taller de escrita creativa (os alumnos xogan coa súa creatividade escribindo os seus propios contos e poemas) · Taller de simulacións (práctica de situacións comunicativas que os alumnos se poden atopar fóra da aula: mercar nun mercado, pedir nun restaurante, falar por teléfono, mercar roupa nunha tenda...) · Taller de tarefas (inspirándonos no enfoque por tarefas, adicaremos estes talleres a realizaren unha tarefa final con tódolos pasos precisos e practicando tódalas destrezas)