Aviso: os descontos non son acumulabeis. Se reunes varias das condicións aplicarase a maior porcentaxe. Todos os descontos aplicaranse sólo a os cursos de 4 semanas.
Se repites coma alumno de Paralaia terás un desconto dun 12% do prezo total do curso (non se aplica se decides prolongar a túa primeira estancia).
PAISES DO LESTE E OS DE NOVA INCORPORACIÓN Á UNIÓN EUROPEA. Queremos favorecer que a xente dos paises que acaban de se incorporar á U.E teñan a oportunidade de achegarense ó noso país e aprenderen as nosas linguas.
Despois de varios anos traballando en Hungría temos comprobado como medra o interese polo español e outras linguas peninsulares. É curioso o interese que espertan alí o galego, o catalán e o euskara, que son materia de estudo en varias universidades.
Porén, co obxectivo de propiciaren a movilidade e o achegamento destas culturas ofrecemos un 12% de desconto en calquera de nosos cursos intensivos (estandar, intensivo, superintensivo, maratón) a tódolos nacionais dos seguintes paises: · Hungria
· República Checa
· Eslovenia
· Estonia
· Lituania
· Letonia
· Polonia
· Eslovaquia
· Chipre
· Malta
· Rumanía
· Rusia
· Bulgaria
· Ucraina
· Xeorxia
· Serbia
· Bosnia
· Croacia