
Katarsis está dirixida por Carolina Ramos e Kevin Stevart, ámbolos dous son actores e máis directores de teatro. Katarsis é unha escola que ofrece actividades educativas de carácter teatral, fomentando a renovación pedagóxica que usa técnicas dramáticas a través do intercambio de ideas, necesidades e soños de profesionais da educación e artistas.
Carolina é especialista en aplicar técnicas de teatro para o ensino de linguas. Paralaia colabora con ela organizando obradoiros non só para profesores, estudantes e artistas senón tamén para empresas que deciden mellorar o seu ambiente de traballo.
Katarsis en colaboración con Paralaia ofrece os seguintes obradoiros:
- TEATRO PARA PROFESORES DE ESPAÑOL COMA LINGUA ESTRANXEIRA.
- TEATRO PARA PROFESORES DE PRIMARIA E SECUNDARIA.
- COMO ENSINAR TEATRO (PARA ARTISTAS).
- OBRADOIROS PARA EMPRESAS.
Para ver máis información:
http://www.katarsiseyt.com/